ESCOLA GALEGA DE ESGRIMA

Blog Escola Galega de Esgrima

Torneo de miniesgrima

O pasado 11 de outubro tivemos a oportunidade de levar ós tiradores máis novos a unha competición, esta vez en Vigo.

Na categoría M-9 competían Isabella Fernández, Mila Berdión e Valeria Hernández. Todas elas fixeron unha gran competición, incluso conseguindo subir ó podio no caso de Mila e Valeria.

Foto de M9

Na categoría M11 volveron participar as mesmas 3 tiradoras, xunto con Tiago Mosquera.

Ademais, tivemos a Breogán Yáñez, Anxo González e Diego García en M13, onde todos conseguiron pasar a primeira eliminatoria.

Ler máis →

Participación no TNR de Sabadell e Liga Prata

O día 3 de outubro de 2026 tivemos a oportunidade de participar no primeiro TNR da tempada 2026-2027, celebrado en Sabadell. Os nosos tiradores Juan Miguel Fra, Hugo Herrador e Bruno Quiza tiraron de forma individual e por equipos, sendo a primeira vez dos nosos na Liga de Prata.

Foto do equipo

Ler máis →

Trofeo Internacional de Baiona

Apenas un par de semanas despois de comezar a tempada, xa tivemos o primeiro torneo. Esta vez (sábado 26 de setembro) era o turno do tiradores e tiradoras da categoría absoluta.

Era o debut de Estela Domínguez, que logra chegar ata tabla de 16. Remata o torneo na posición 12.

Tamén competían Hugo Herrador, Juan Miguel Fra e Bruno Quiza. Acaban de 10, 5 e 7, respectivamente.

Foi unha agradable primeira toma de contacto coa tempada 2026-27. Agora toca seguir adestrando para conseguir mellorar.

Ler máis →