O pasado 11 de outubro tivemos a oportunidade de levar ós tiradores máis novos a unha competición, esta vez en Vigo.

Na categoría M-9 competían Isabella Fernández, Mila Berdión e Valeria Hernández. Todas elas fixeron unha gran competición, incluso conseguindo subir ó podio no caso de Mila e Valeria.

Foto de M9

Na categoría M11 volveron participar as mesmas 3 tiradoras, xunto con Tiago Mosquera.

Ademais, tivemos a Breogán Yáñez, Anxo González e Diego García en M13, onde todos conseguiron pasar a primeira eliminatoria.

Por último, en M15 os participantes foron Breogán Yáñez e Antón Mosquera en categoría masculina; así como Vera Domínguez, Martina Cuns e Iasmina Cordos en categoría femenina. Todos e todas fixeron un gran torneo, sobresaínte no caso de Antón, que logra un meritorio bronce (chegando ate semifinais, onde caeu por 15-14).

Parabéns a todos e esperamos poder participar de novo pronto.

Foto de Antón

Foto de grupo