IX Trofeo San Froilan, Ránking de Espada Absoluta e M-17

O domingo 23 de outubro, celebrouse en Lugo o IX Torneo San Froilán do ranking de espada autonómico.

Aproveitando a celebración do campionato, fixéronse os exames prácticos de arbitraxe de espada, ao que se presentaron varios membros da Escola Galega de Esgrima, aspirantes a árbitros.

Por outra banda, o noso único tirador en espada masculina absoluta, pasou a poule, caendo despois na primeira directa.Torneo Lugo (1)